jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO. LECTURAS COMPARTIDAS.

 O pasado 23 de abril o alumnado de 6ºA quixo conmemorar o Día do Libro compartindo lecturas con distintas titorías do colexio que eles/as elixiron libremente. Fixeron unha actividade que botabamos moito de menos. Moitas grazas a todos/as pola iniciativa e agardamos podela repetir con outros cursos. 

No blog de 6º A tamén hai unha entrada da actividade, aquí tedes o enlace DÍA DO LIBRO

 







 

jueves, 22 de abril de 2021

REGUEIFAS POLO DÍA DO LIBRO.

Aproveitando o Obradoiro de Regueifa que recibiu o alumnado a pasada semana, moitos deles/as animáronse a facer as súas rimas relacionadas co libro, a lectura ou a biblioteca. Para a proposta, grazas a Lupe, Josiño e a Rabela, dabámoslles unhas palabras clave (verdura-lectura), un verso (Estamos na biblioteca) ou distintas palabras que tiñan que aparecer na regueifa na orde que quixeran (conto, libro,..). Tamén tiñan a opción de facelas libremente. Foi un magnífico e divertido exercicio para traballar a oralidade, coñecer e practicar as regueifas, e darlle valor ao noso e ao mundo da lecturas.

Ademais estamos elaborando un libro coas súas regueifas para engadir aos fondos da biblioteca e que poderán levar en préstamo. Longa vida á Regueifa e aos Libros. Moitas grazas a todos os participantes.





 

miércoles, 21 de abril de 2021

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

Hoxe asistimos co curso de 4ºC de primaria ao Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, para a presentación da Semana Escolar dos Camiños de Santiago. Unha acción para o mundo escolar na que xa participamos fai dous cursos na súa primeira edición. Está promovida pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo, e executada por Versátil Servizos Editoriais. Con esta campaña proporanse unha serie de actividades, rexidas polo conto "Sucedeu no Camiño Primitivo" de Xose A. Perozo que recibiu de agasallo todo o alumnado de 4º, 5º e 6º.

martes, 13 de abril de 2021