miércoles, 24 de mayo de 2017

CHARO PITA "OXALÁ ESTIVESES AQUÍ"

Hoxe tivemos na biblioteca a Charo Pita, que veu a falarlle ao alumnado de 5º de primaria do seu libro "Oxalá estiveses aquí" (Ed. Galaxia), e a narrarnos unhas historias fantásticas onde os animais eran os protagonistas.



lunes, 22 de mayo de 2017

VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL DO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS E DE 5º PRIMARIA

O pasado xoves 18 e venres 19, o alumnado de 5º de primaria e de Infantil de 5 anos respectivamente, visitaron as cubertas da Catedral dentro das saídas programadas no PDI "Santiago Medieval". Ademais, o alumnado de 5º de primaria, tamén visitou o Museo das Peregrinacións. Toda unha aventura e experiencia, sobre todo para os máis pequenos/as. Pinchade no enlace de abaixo para vivir cos de Infantil esta viaxe.






miércoles, 10 de mayo de 2017

CONTACONTOS DE ANDREA BAYER.

Hoxe, o alumnado de 2º de primaria, participou nunha sesión de contacontos a cargo de Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro. No seu momento, por mor do temporal, este alumnado non poidera asistir á representación da obra Luppo, polo que Andrea achegouse ao colexio para contarnos unhas historias ben fermosas sobre unha xirafa ou unha xoaniña. 



DIARIO DE ANNE FRANK


Hoxe, durante o recreo, Uxía, Carlota e Zeltia de 5º de primaria léronnos algúns fragmentos do "Diario de Anne Frank". Unha estremecedora historia dunha nena xudea que no 1942 xunto á súa familia, por mor da persecución dos nazis, tiveron que agocharse no que na construción tradicional de Ámsterdam se denomina Achterhuis (traseira da casa) no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Ademais visionamos un vídeo que narra dun xeito moi ameno a vida de Anne.









viernes, 5 de mayo de 2017

MOSTRA MEDIEVAL

Hoxe tivemos o día grande do proxecto. Non coma colofón, xa que o proxecto continúa, pero si como un día especial para gozar e trasladarnos ate a Idade Media.
A pesar de que o tempo meteorolóxico estaba disposto a estragarnos a festa, non o conseguiu grazas ao Plan B que tiñamos programado. Aínda que perxudicounos á hora de poder ver  e escoitar mellor aos artesáns e exhibicións.
Agradecer a moitísima xente que esto se poidera levar a cabo: ó alumnado e profesorado, ós pais/nais (ANPA), ós mestres e aprendizes da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, aos profes e alumnos da Asociación Fonte da Virxe que foi moi especial a súa colaboración, á Asociación de Xogos Populares de Santiago, a Compostela Esgrima, ás nais Mónica e Tamara polo seu arte, unha coma cesteira e outro coa danza e ós músicos que a acompañaron, ao ferreiro Leis, ós de Suévia (Recriaçom histórica do Reino de Galiza) e á artesá do coiro JataFarta. Non podemos esquecernos da filloeira que non daba feito a abastecer a todo o alumnado, aínda que ao final poideron todos degustar polo menos unha filloa e a Borja, que coa súa espectacular "Queimada", saciou a sede dos presentes. Finalmente aos pais que pertencen a comisión da Festa Medieval de Sar tamén expresarlle a nosa gratitude por colaborar na decoración do centro. Esperamos non esquecernos de ninguén.

Pouco a pouco iremos subindo ao blog máis fotos e vídeos.

Santiago Medieval



jueves, 4 de mayo de 2017

MOSTRA PARA NAIS, PAIS E FAMILIARES

     Hoxe tocoulle a quenda aos pais e nais para visitar a Mostra "Santiago Medieval". A pesar da gran previsión de asistencia coa que contabamos, houbo momentos, por sorte, de moitos familiares que se achegaron a ver a Mostra e os tempos non saíron como tiñamos pensad,o polo que houbo certos momentos de caos ou quedaron pais/nais sen poder visitar todo, polo que pedimos desculpas. De todos xeitos o traballo está feito e pode facerse a visita con calma ate polo menos, final de curso, como xa vos recomendamos. A pesar dos nervos, foi unha gran xornada na que todo o alumnado, profesorado e pais/nais poidemos seguir gozando co proxecto.
     Ademais poidemos "desestresarnos" un pouco, grazas a actuación que nos brindou Guadi Galego e que tanto nos gustou. Grazas a todos/as.






miércoles, 3 de mayo de 2017

MOSTRA PARA O ALUMNADO

Hoxe están facendo, os titores/as cos seus alumnos/as, o percorrido polos corredores do colexio para ver parte da información que recolleron e traballos que realizaron nas distintas aulas. Evidentemente a Mostra paga a pena vela con pausa e deténdose en cada información. Por isto, teremos tempo para facer o percorrido, con máis calma, durante estas semanas ate final de curso.
Existe información  a través de códigos QR e da aplicación Aurasma, polo que sería interesante que os pais/nais tiveran esas aplicacións nos móbiles cando viñeran a ver a Mostra.





MOSTRA "SANTIAGO MEDIEVAL"


Hoxe comezan os días grandes do proxecto. É o momento de amosar todo o traballado e investigado. Hoxe será a quenda para o alumnado, mañán xoves para pais/nais e o venres esperamos celebrar a gran festa con artesáns, exhibicións, xogos, música e danza. De todos xeitos o proxecto non remata aquí, xa que continuará ate, polo menos, finais de curso. Graciñas a todos/as pola colaboración.