sábado, 23 de noviembre de 2013

RECOMENDANDO LECTURAS

Estas últimas semanas comezamos unha nova actividade proposta dende a biblioteca.
A idea é que cada quincena, unha clase de cada ciclo, faga publicidade e presente un libro da biblioteca ás outras clases dese ciclo.
Comezaron os de 5 anos, 2º A, 3º A e 5ºA. Cada presentación foi distinta, pero o que está claro é que moitos nenos e nenas descubriron títulos novos da nosa biblioteca dos que xa teñen gañas de gozar da súa lectura.


A continuación tedes unha pequena mostra dos momentos nos que estas clases presentaron eses títulos aos compañeiros e compañeiras.

5 ANOS "El niño gris". La Galera



2ºA "Nunca máis". Kalandraka



3ºA "A cabana na árbore".Alfaguara



5ºA "Xoeliki".Sotelo Blanco


domingo, 17 de noviembre de 2013

PAN DE MILLO

Onte pola mañá, na galería Sargadelos, Kalandraka e o grupo de teatro Migallas presentaron a súa nova publicación. Un libro-cd que leva por título "Pan de Millo".
Foi un momento moi divertido e alegre, no que cantaron algunhas das cancións do libro, e na que os pequenos e pequenas, facendo honor á canción que leva o título do libro-cd, esfollaron, peneiraron...e finalmente puideron degustar o riquísimo pan de millo.
Tamén acompañou a Migallas nesta ocasión Dani Padrón, o ilustrador do libro, coas súas ilustracións expostas por toda a sala.
Xa sabedes pois, un fermoso agasallo para pedir aos Reis nestas datas que se achegan ou para gozar del na nosa biblioteca, xa que forma parte das novidades do mes de novembro.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

OBRADOIRO FAMILIAS SOBRE A LITERATURA INFANTIL

Onte pola tarde tivemos unha charla na biblioteca para as familias dos nen@s de 3 anos, que presentou a profe María.

A idea que tiñamos, era a de transmitir aos pais e nais informacións varias sobre a lectura nestas idades, que é ler, como eles son quen de interacturar cos textos, como poden ser lectores por conta propia e conta allea..

Falouse de cales son realmente os argumentos que fan lectores aos nosos pequenos, e quixemos mostrar exemplos claros de libros que estimulan nos cativos a fantasía, a sensibilidade, a linguaxe... e a idea de que para conseguir isto non todo vale.

Dende aquí dar as grazas aos pais e nais que asististes á reunión e á profe María pola súa presentación.
En breve tamén estarán convidados as familias de 4 anos.


lunes, 4 de noviembre de 2013

FESTA DO MAGOSTO!!

Siiii, que ben o pasamos! O mércores celebramos o Magosto no cole e fartamos de tanta castaña e castaña que comemos :).
Tivemos tempo para a degustación e tamén para os xogos populares. Os días previos os rapaces e rapazas de Primaria estiveron preparando uns murais sobre os xogos populares, o Samaín e o Magosto. Tiñan que traballar en cada aula unhas tres palabras relacionadas con cada tema e facer o debuxo e unha breve explicación sobre as mesmas.
Resultou moi interesante descubrir palabras da nosa lingua que non sempre son coñecidas e usadas por todos e todas.




Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.




Tamén vos deixo un vídeo de Paco Nogueiras cun rap do Magosto,porque aínda que no cole xa rematamos coa festa, aínda quedan moitas por aí adiante para seguir pasándoo xenial.

VÍDEOS DOS CONTOS DE MEDO

Aquí tedes algúns vídeos dos contos de medo que escolleron os mestres para a súa lectura nos obradoiros interniveis de Samaín.

Este é o de "Fiz, o coleccionista de medos", lectura escollida polo profe Fran.



E a canción inspirada no conto "Corre, corre cabaciña", escollido pola profe Patricia, que forma parte dun libro-cd que leva por título "Contos en cantos"da editorial OQO.




E para os maiores do cole un corto sobre a lectura escollida pola profe Cris, "Sobre a morte do Bieito".



SAMAÍN A TRAVÉS DOS CONTOS DE MEDO

Un curso máis a biblioteca organizou o obradoiro de lectura de contos de medo. Os profes publicitaron de novo cos carteis as súas lecturas, aconsellando as idades para as que ían dirixidas, colocárono na porta e tan só quedaba esperan a encher a lista cos rapaces e rapazas que quixeran ir a escoitala.
Nos primeiros minutos o rebumbio é total, nenos e nenas de acá para alá entrando na aula escollida, pero de súpeto un silencio absoluto invade o centro e todos e todas están gozando dun momento de lectura terrorífico.