jueves, 28 de marzo de 2019

QUERIDO HIJO: ESTAMOS EN HUELGA.

Esta mañá o alumnado de 6º participou nunha animación sobre o libro que estiveron lendo "Querido hijo: estamos en huelga" de Jordi Sierra I Fabra da editorial Loqueleo Santillana. Fixeron varias representacións teatrais baseadas no libro e pasárono xenial. Esperemos que os seus pais/nais nunca teñan que poñerse en folga.

jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos no cole o Día Mundial da Poesía, compartindo lecturas e mesturándonos os distintos niveis.
O alumnado escolleu entre un gran abano de posibilidades, anotándose no cartel coa lectura que lles chamaba a atención para escoitar logo, durante a hora de ler, a un mestre recitando os poemas escollidos.

miércoles, 13 de marzo de 2019

O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS.

Hoxe o alumnado de 1º e 2 de primaria asistiron a unha sesión de contacontos levada a cabo por Iago López, autor do libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" da Editorial Xerais. Un entretido e agradable encontro con este recoñecido "cociñeiro".