O luns día 25, co gallo da celebración do Día do Libro e, aproveitando o bo tempo levamos a cabo unha das actividades que máis nos gusta a "Hora de ler no patio".
Foi un bo momento para gozar da natureza e dunha boa lectura.

O xoves, día 21 de abril, o alumnado de 5º de Primaria participou na actividade: "Bravas: Obradoiro de ilustración feminista. Rosalía de Castro".
O obradoiro correu a cargo de Sara Alonso e, a ilustradora, Eva Agra.
Eva Agra, tamén coñecida co alcume de Komorebi, é a ilustadora da colección de libros infantís: "Mulleres bravas da nosa historia", baseados nas biografías de mulleres galegas que destacaron ao longo da nosa historia.
Do 21 ao 25 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro, durante os recreos, un recital poético co gallo da celebración do Día Internacional da Poesía.
No recital participou tanto o profesorado como o alumnado de 6ºD.
Houbo actividades para todos os gustos: lectura e recitado de poesías, poesías na lingua de signos e... ata poemas musicados!
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vos fagades unha idea de todo o acontecido durante esa semana e que ben o pasamos participando nesas actividades.