domingo, 23 de febrero de 2014

ENTROIDO EN LAMAS

Xa está preto, xa se achega!
O Equipo de Dinamización lingüística preparou, xunto co IES Lamas de Abade, o CIF Compostela e a escola Raiola, unha actividade conxunta adicada aos Xerais do Ulla.
Durante esta semana virán familiares de rapaces do cole a darnos unhas charlas sobre esta tradición de Entroido que continúa presente no noso entorno. Tamén iremos adornándonos ao longo da semana coas cousas que día a día nos vaia pedindo o noso particular Xeral que temos na entrada do cole.
E como remate de festa o venres día 28 gozaremos, se o tempo o permite, dunha demostración na explanada do noso centro destes Xerais do Ulla.


No hay comentarios:

Publicar un comentario