Na anterior entrada, facíamos un resumo das últimas presentacións de libros feitas por algunhas aulas do cole. Unha delas era a que fixeron os nenos e nenas da clase de 4 anos A cando presentaron ao resto dos seus commpañeiros de Infantil a historia do libro de Adela Turín, publicado por Kalandraka e que leva por título "A historia dos bonobos con lentes".
Ese día tivemos a sorte de contar coa colaboración dos pais dunha nena desa clase, Inés e Sergio, que estiveron grabando aos peques e logo montaron este fermosísimo vídeo no que podedes observar canto traballaron todos.
Moitas grazas de novo Inés e Sergio, e esperamos contar con vós en futuras ocasións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario