O pasado 20 de novembro, as clases de 6ºA e 6ºB fomos de excursión a Galiciencia, en Ourense. Saíunos o autobús de balde grazas a que unha nena de 6ºB, María Crespo, que diseñou unha camiseta para Galiciencia, saíu premiada. Galiciencia é unha exposición onde os nenos de primaria e de secundaria expoñen os seus experimentos e explican en que consisten. Tan pronto entramos pola porta da carpa regaláronos un caderno e unha piruleta. Tamén fomos a dúas actividades: robótica e planetario.
ROBÓTICA: A un grupo os monitores explicáronos o que son os sensores e os motores. Ensináronnos moitos robots: un crocodilo, unha noria, unha grúa, unha trompo, un coche... E explicáronos como funcionan.
PLANETARIO: Outro grupo entramos nunha cúpula inchable para ver as estrelas. A monitora díxonos os nomes das estrelas e os nomes das constelacións que formaban.
Cando rematamos saímos fóra para merendar e xogar un pouco, logo veunos recoller o autobús para marchar a casa.
UNHA ESPLÉNDIDA EXPERIENCIA!!
Nota: Texto elaborado polo alumnado de 6ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario