Pasado xa un mes dende o inicio do curso, e vendo xa o ben adaptados que están os peques de 3 anos, consideramos que era o momento de levalos a coñecer o recuncho de Abadiño e mostrarlles todo o que alí poderán gozar cos libros.
Vimos o vídeo de presentación da biblioteca, xogamos coas cariñas contentas e tristes para saber o que podemos facer ou non... e como remate Abadiño agasallounos co carne da biblio e un libro-pelota dos Bolechas.
Velaí tedes algunhas imaxes destes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario