O venres 27 de novembro espertamos coa mala nova do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, quen finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces, á idade de 87 anos. Grande escritor e autor dun dos libros esenciais das nosas letras galegas "Memorias dun neno Labrego".
Título publicado orixinalmente no 1961 e que conta a historia de Balbino, un neno do rural da Galicia dun tempo pasado, que foi e seguirá sendo unha lectura obrigada para o noso alumnado.
A obra máis vendida e traducida da literatura galega de tódolos tempos.
Alá onde estes Neira Vilas, de seguro que Balbino estará contigo. E aquí, grazas á túa obra, sempre estarás con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario