martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Abadiño non quixo deixar pasar esta data tan significativa no calendario e reivindicar cos nosos alumnos e alumnas os dereitos da muller.

Fai un par de semanas escribiulles unha carta na que lles pedía axuda para respostar a unha serie de cuestións referentes a 8 mulleres relevantes na historia. Sería un concurso no que gañarían aqueles que a súa resposta aparecese no mural.

Foi un éxito de participación e Abadiño está moi contento, pero só podían ser escollidos uns poucos e hoxe cando chegaron pola mañá ao cole puideron comprobar como estaba o mural de fermoso coas respostas gañadoras.

No recreo repartíronse os agasallos aos gañadores, así como un pequeno detalle a cada un dos participantes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario