jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO.

No día de hoxe, 23 de abril, se conmemora o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (data proclamada pola UNESCO en 1995. Como sabedes, con este día se quere render homenaxe aos libros e aos autores/as e fomentar o acceso á lectura para o maior número posible de persoas. Por isto, Abadiño e o profesorado do Lamas, queren tamén rendervos unha homenaxe a todos/as os nenos/as e familias que estades pasando por estes duros días de confinamento. Para iso fixemos un vídeo seguindo un movemento chamado #Bookface no que aparecemos moitos profesores/as do cole cun libro como parte do noso corpo. Agardamos que vos guste.
Pero non queda aquí a cousa. Abadiño quere facervos dúas propostas:
1) Que nos mandedes os vosos #Bookface para facer entre todos/as un vídeo. Rebuscade ben polos libros que tedes na casa que seguro que saen cousas ben chulas. Pode ser coa cara ou con calquera parte do corpo, individual ou en familia. E lembrarvos mandalos a bibliotecalamas@gmail.com
2) Concurso "Bookface". Tedes que adiviñar que profesores/as se esconden detrás de cada libro (nalgúns está faciliño). Envíanos á mesma dirección de correo un listado co Título do Libro e o profe que o ten. Os/as que máis acerten terán un agasallo. Ollo porque hai algún profesor/a que sae varias veces.
O prazo para as dúas propostas remata o domingo 3 de maio.
LER FAINOS ÚNICOS.

7 comentarios:

  1. Precioso o vídeo! Moitas grazas a todos e moi feliz 23 de abril, día do libro!! Ánimos de parte desta familia para todos.

    ResponderEliminar
  2. moi bo o video (Martín Costa 6b)

    ResponderEliminar
  3. Detrás de este video hai un gran traballo e uns profesionais que tamén está na primeira liña do ensino.

    ResponderEliminar
  4. Gustounos moito! Aínda q nos é difícil saber quen é quen jaja!
    NORABOA e moitas grazas!!

    ResponderEliminar
  5. Unha idea moi bonita e superorixinal!!! Grandes profes!!

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas polo voso traballo, profes!

    ResponderEliminar