O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía e dende a bibloteca quixemos facerlle a nosa homenaxe estes días. Durante os recreos do xoves 27 e venres 28 o alumnado de primaria participou nun obradorio de postais. Cada participante escolleu varios versos de Rosalía para logo escribilos nunha postal e enviarlla ou darlla a quen querían. Tamén participou a clase de 4º C e aínda participará algunha clase máis durante a vindeira semana.
O lema elixido pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar esta data foi: "Ambos Errantes polo mundo andamos", polo que escollemos poemas de Rosalía relacionados coa emigración como "Tecín soia a miña tela", “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Pra a Habana!”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario