domingo, 29 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Selecciona un escritor/a representativo/a e a un recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe para a promoción da celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano correspondeulle á sección de Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič. Parte da mensaxe deste ano fala de que "...as palabras nos poemas e nos contos son alimento. Non alimento para o corpo, nada que poida encher o estómago. Son alimento para o espírito e para a alma"...

Abadiño tamén quere alimentar o seu espírito e a súa alma con palabras vosas, porque leva uns días moi só na biblioteca. Por iso, propoñémosvos que para conmemorar esta data lle enviedes un debuxo con palabras que a vós tamén vos enchan o espírito e a alma. Podedes facelo coa técnica e material que queirades (mellor en A4 ) para poder enviárnolo á conta de correo bibliotecalamas@gmail.com Logo publicarémolas no blog. Moitas grazas a todos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario